lunes, 17 de octubre de 2016

Los antidisturbios


Fotógrafo: Desconocido
Circa 1976
ERDE1976000184
Años 70´s los antidisturbios de la Nacional
Foto, Archivo Emiliano Rodriguez

  Detalles: 
      Escudos, porras y balas de goma, formaban parte del decorado de nuestro Ourense, y cualquier pueblo de la España que despertaba a la libertad. De esa época es este relato de mis recuerdos de aquellos años, en los que puedo asegurar que nadie "se aburria".


   Finais dos setenta, foi un momento complicado na historia do noso pais; folgas manifestacions, protestas; andaban os animos un pouquiño "alterados".   A necesidade de cambios, fixo que a xente comezara a sair as rúas, pra expresar as suas demandas. Daquela chegou a ser algo habitual; o comezo do curso nas universidades era o momento mais alxido, porque aó permanente descontento das clases traballadoras, unianse as demandas dos estudantes, co cal caseque todo o mundo estaba convocado a manifestarse nas rúas.   As autoridades indefectiblemente enviaban os membros da Policia Nacional, a sofocar as protestas, e si, quero supoñer, que as instruccions que levaban era de tentar dispersar a xente de xeito pacifico, o certo e que o normal era que eso non fora posible, e acabasese con moita frecuencia as carreras e escoitando os disparos das balas de goma,das suas escopetas.   Eu daquelas era un rapaz, polo que a vision personal que tiña do tema, era eso, a dun rapaz que non se entera de moito, (ainda hoxe sigo sin enterarme de moitas cousas, ou millor dito, non son quen de comprendelas) e incluso tomaba a coña estos incidentes tan serios e decisivos pra o devenir da nosa historia.   Lembro una tarde de setembro, do setenta e seis ou setenta e sete, que me pillou a manifa na Rúa de Santo Domingo, botei a correr, e o chegar onde esta a paqueteria Renol, onde empezan os soportais da Praza do Ferro metinme nun portal que tiña a porta (non sei se hoxe seguira sendo asi, teño que fixarme...), das que se habrian en duas pezas, a de arriba e a de abaixo; o caso e que o entrar pechei a porta de abaixo, pero non fixen o mesmo ca de arriba; eu estaba alí agochado, cando o cabo dun momento, vexo entrar pola parte darriba una señora, que ainda hoxe non sei como foi capaz de facelo, era pequeniña, e os oitenta ainda nos os teria, pero pouco lle debia faltar, o certo e que veume moi ben a sua compaña, xa que pouco despois botou un ollo pola porta un policia e o ver a sra. conmigo, dixolle o compañeiro, /¡na!, una abuela con el nieto/, e marcharon, deixamos pasar un tempo, e saimos tranquilos, pero ainda hoxe lembro o salto que pegou a pobre da velliña.